anglais
Avatar

Small Stations Press
@smallstations

Small Stations Press is committed to promoting intercultural understanding through translation.

smallstations a 0 mécène.
Donner   PayPal

Description

SMALL STATIONS PRESS – LITERATURE IN TRANSLATION

[FOR TEXT IN ENGLISH, SEE BELOW]

Dende 2009 Small Stations Press é a principal editora da literatura galega en inglés. Cando empezamos, había só 29 títulos da literatura galega editados en inglés durante o periodo 1964-2008, dende unha escolma da poesía de Rosalía de Castro editada polo Ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid, ‘Poems of Rosalía de Castro’, ata unha escolma de relatos galegos editada por Foreign Demand, ‘From the Beginning of the Sea: Anthology of Contemporary Galician Short Stories’.

Para unha literatura que conta cunha tradición milenaria e unha elevada posición no panorama das letras europeas, parecéronnos poucos. Por iso nos puxemos a editar títulos galegos en inglés, empezando cunha escolma da poesía de Manuel Rivas, ‘From Unknown to Unknown’, que saíu en 2009 cun limiar do poeta John Burnside.

Agora, a principios de 2020, son 104 títulos da literatura galega editados en inglés, que nos seguen parecendo poucos, pero o incremento nesta última década é notable. Dos 75 títulos novos que saíron durante o periodo 2009-2019, Small Stations Press editou 46.

Editamos títulos das autoras e autores: Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Anxo Angueira, Xurxo Borrazás, Marcos Calveiro, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Rosalía de Castro, Ledicia Costas, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Díaz Castro, Xabier P. DoCampo, Miguel Anxo Fernández, Agustín Fernández Paz, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Manuel Fraga, Elena Gallego Abad, Manuel Lourenzo González, Andrea Maceiras, Paco Martín, Marina Mayoral, Teresa Moure, Miguel-Anxo Murado, Pilar Pallarés, Lois Pereiro, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro.

En tradución de: Jonathan Dunne, Carys Evans-Corrales, Jack Hill, Kirsty Hooper, Philip Krummrich, Kathleen March, Erín Moure, Jacob Rogers e John Rutherford.

E con ilustracións de: Miguel Abad, Pablo Auladell, Xoán Balboa, Xosé Cobas, Kathleen March, Kimberleigh Martul-March e Ramón Trigo.

Sacamos títulos gañadores dos premios Nacional de Literatura (‘O único que queda é o amor’ de Agustín Fernández Paz, ‘Cando petan na porta pola noite’ de Xabier P. DoCampo e ‘Das cousas de Ramón Lamote’ de Paco Martín), Xerais (‘Herba moura’ de Teresa Moure e ‘Pensa nao’ de Anxo Angueira), García Barros (‘Un nicho para Marilyn’ de Miguel Anxo Fernández), Crítica de narrativa galega (‘Criminal’ de Xurxo Borrazás, ‘Tic-tac’ de Suso de Toro e ‘Un millón de vacas’ de Manuel Rivas), San Clemente (‘Así nacen as baleas’ de Anxos Sumai e ‘Ruído’ de Miguel Anxo Murado), Jules Verne (‘Europa Express’ de Andrea Maceiras e ‘A cabeza de Medusa’ de Marilar Aleixandre), Lazarillo (‘O pintor do sombreiro de malvas’ de Marcos Calveiro) e moitos máis.

Os nosos títulos veñen divididos en catro coleccións: Small Stations Fiction (narrativa adulta, www.smallstations.com/fiction), Galician Wave (narrativa xuvenil, www.smallstations.com/wave), Galician Classics (clásicos da literatura galega, www.smallstations.com/classics) e Small Stations Poetry (poesía, www.smallstations.com/poetry).

Dentro da colección Galician Classics, sacamos as primeiras edicións en inglés dos poemarios ‘Cantares gallegos’ e ‘Follas novas’ de Rosalía de Castro en tradución da poeta canadense Erín Moure. A edición de ‘Cantares gallegos’ tardou 150 anos en aparecer en inglés por vez primeira (1863-2013).

Todos os nosos títulos están dispoñibles en librarías virtuais como Amazon, Barnes & Noble e Book Depository e pódense pedir a través de 39.000 librarías, bibliotecas e outros puntos de venda en todo o mundo, a un prezo razoable de entre 10 e 18 euros.

Os libros da colección Galician Classics foron coedicións coa Xunta de Galicia. Para a tradución dalgúns dos outros títulos, recibimos axudas á tradución, que se pagan integramente á persoa tradutora do libro. Pero todo o traballo de edición, deseño, impresión e distribución dos títulos corre a cargo da editorial.

Para poder seguir co noso programa editorial invitamos aos individuos interesados en espallar a cultura galega a facer unha doazón annual de vinte euros (ou o equivalente na súa moeda local), e ás institucións a facer unha doazón anual de douscentos euros (ou o equivalente na súa moeda local), no seguinte enlace:

https://liberapay.com/smallstations

Tamén rogamos que se comparta esta mensaxe nos medios sociais.

[TEXT IN ENGLISH]

Small Stations Press is the largest publisher of Galician literature in English. Galician literature is literature written originally in the Galician language of Galicia in northwest Spain. This language is closely related to Portuguese and is one of four official languages in Spain. It is the second most widely spoken ‘minority’ (or ‘stateless’) language in Europe, after Catalan and before Welsh, with more than three million speakers. The capital of Galicia is Santiago de Compostela, the site of the relics of St James the Great and the destination of a famous pilgrimage. Other cities include Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense and Pontevedra.

When Small Stations Press began publishing Galician literature in English translation in 2009, only 29 titles of Galician literature had been published in English in the period 1964-2008. For a literature of this size, we thought this was not enough. In the decade that followed, 2009-2019, we published a further 46 titles. Our titles are divided into four collections: adult fiction (Small Stations Fiction, www.smallstations.com/fiction), young adult fiction (Galician Wave, www.smallstations.com/wave), classics of Galician literature, including the first complete English editions of Rosalía de Castro’s poetry (Galician Classics, www.smallstations.com/classics), and poetry (Small Stations Poetry, www.smallstations.com/poetry).

We have published works by twenty-nine Galician authors: Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Anxo Angueira, Xurxo Borrazás, Marcos Calveiro, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Rosalía de Castro, Ledicia Costas, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Díaz Castro, Xabier P. DoCampo, Miguel Anxo Fernández, Agustín Fernández Paz, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Manuel Fraga, Elena Gallego Abad, Manuel Lourenzo González, Andrea Maceiras, Paco Martín, Marina Mayoral, Teresa Moure, Miguel-Anxo Murado, Pilar Pallarés, Lois Pereiro, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Anxos Sumai and Suso de Toro.

In translations by leading translators of Galician literature into English: Jonathan Dunne, Carys Evans-Corrales, Jack Hill, Kirsty Hooper, Philip Krummrich, Kathleen March, Erín Moure, Jacob Rogers and John Rutherford.

With illustrations by well-known illustrators of Galician literature: Miguel Abad, Pablo Auladell, Xoán Balboa, Xosé Cobas, Kathleen March, Kimberleigh Martul-March and Ramón Trigo.

We have published eight winners of the Spanish National Book Award, as well as winners of the most prestigious literary awards in Galicia, such as the Xerais Prize for Novels or the Jules Verne Prize for Young People’s Literature.

To continue and expand our work of making literature in translation available to a wider audience, we ask individuals to consider a yearly donation of twenty euros (or the equivalent in their local currency) and institutions to consider a yearly donation of two hundred euros (or the equivalent in their local currency) via the following link:

https://liberapay.com/smallstations

We would also be grateful if you would share this message on social media.

Comptes liés

smallstations possède les comptes suivants sur d'autres plateformes :

Historique

smallstations a rejoint Liberapay il y a 4 ans.

smallstations ne divulgue pas le montant reçu par l'intermédiaire de Liberapay.